Programa de acción pra os Grupos Galeguistas aprobado na II
Asambreia1933.
Os Grupos Galeguistas teñen de sere os mais
activos axentes na defensa das características da nosa persoalidade, do
desenrolo da nosa concencia colectiva, do soerguemento da nosa riqueza,
da nosa vinculación a cultura universal. Pra atinguire estas
finalidades, os grupos desenrolarán actividades culturaes, políticas,
sociaes e intertroque que virán sometidas as definicións ideolóxicas
que imos espor e que se ourentarán na táctica e na actividade aos
lindeiros asinalados pol-o programa que sigue.
I. GALICIA UNIDADE DE CULTURA
Definición
Un comprexo de características determiña a
esistencia de nacionalidade galega. O noso pobo, afincado no espacio de
unha rexión xeográfica natural, proiectando no tempo a continuidade
histórica de unha tradición, posée un esprito de seu manifestado na
creación de unha lingua, na realización de un arte, na encarnación de
unha unidade cultural. O Partido Galeguista defende a perduración das
características da persoalidade galega e arela que Galicia,
adequerindo a concencia do seu propio ser, cultive o ideal de aquela
persoalidade deica lograr un novo rexurdimento do seu esprito.
Táctica
As iniciativas culturaes dos Grupos Galeguistas
caracterizaránse pola sua fondura e polo seu avance dentro do estadio
actual da regaleguización.
En troques, os membros dos Grupos poden
colaborar a subraiar en todolos casos, aquelas manifestacións que
sinalen unha ourentación cara a galeguidade.
A laboura dos Grupos terá n-éste aspecto duas
direccións fundamentaes:
1.° A formación dos afiliados, pra
compenetralos ca cultura galega e ca política de galeguización,
dotándoos de un conxunto de coñecimentos e de principios.
2.° A irradiacián da doutriña galeguista nas
masas populares, pra dotalas de senso galego, pol-o afincamento dos
principios fundamentaes do noso ideario.
ACTIVIDADES
No aspecto cultural os grupos desenrolarán o
seguinte pran de actividades:
a) Cultura Galega en xeral.
Acrecentar en todo momento o prestixio e os
medios das entidades galegas de cultura.
Difundir as pubricacións i-os libros que
auténticamente representen o noso esprito.
Traballar pol-o espallamento da cultura galega
en tódol-os ordes da nosa vida colectiva e por tódol-os medios:
impresos, conferencias, teatro, coros, etc.
b) lingua.
Os grupos, na sua actuación colectiva serán
de agora en diante inexorabres no uso da lingua galega.
Os afiliados coidarán sempre de patentizar o
seu apego a Terra, e a sua compenetración co esprito galego, usando,
propagando e defendendo o noso idioma.
A propaganda das pubricacións escritas en
galego e a galeguización do ensino son os traballos máis urxentes.
c) Arte.
Defensa do noso patrimonio artístico, contra a
incomprensión, contra a incultura e contra a barbarie; frente aos novos
ricos, frente as autoridades incompetentes e frente as masas tortamente
guiadas.
Estimulo da producción artísticas galega,
protexendo aos artistas, espondo as suas obras, enroitando cara a Terra
os seus traballos. Propagación, ourentación,
renovamento dos productos artísticos, das industrias populares galegas.
d) Esprito
Os Grupos manterán a sua tensión máxima
opondose a dirección espiritual de Galicia pol-os homes, pol-as
pubricacións ou pol-os orgaismos alleos. Ningunha institución
autonómica sería eficaz si perdurase o actual control centralista
sobre a vida galega, ou si este control fose sustituido pol-o de calquer
outro imperialismo cultural, social ou político. O desprecio
sistemático dos falsos valores cosmopolitas, a crítica das modas do
intelectualismo «local», a resistencia as direccións domiñantes na
sede do poder central serán imperativos da nosa actuación.
Frente a esta dominación do alleo temos de
erguer a exaltación da nosa dinidade colectiva o afincamento no chan, o
agarimo do noso: o orgulo da galeguidade, promovido nos centros
intelectuaes pol-a contacción no rexurdimento galego. Conservando nos
medios ruraes, mantendo no paisán a concencia da súa superioridade
sobre os señoritos alleeiros e a gabanza de usar a súa fala, de vivir.
Os grupos manterán a sua tensión máxima opoñéndose
a dirección espiritual de Galicia pol-os homes, pol-as pubricacións ou
polos organismos alleos ao seu casal, de dar continuidade a tradición
dos seus costumes, faguendo compatibre cos meirandes avances técnicos e
sociaes o apego aos valores enxebres da vida galega.
Ningunha virtude racial ha seré tan estimada
pol-os Grupos como a da tolerancia. Porque toda a nosa historia é
trunfo da mutua comprensión, craro sino diferencial do noso pobo. A eficacia
dos mesmos Grupos é froito da compenetración de homes de diversas
tendencias que sin afogar a suas creencias, relixiosas nin abdicar dos
seus principies sociaes, calquera que sexan unhas e outros, axuntánse
diante a obriga común de un ideal patriótico. Fuxindo, pois, de todo
afondamento das divisións espirituaes de Galicia, que poidan aminguar a
unidade do noso pobo, compre que os grupos e os mesmos afiliados,
refusen sempre calquer aituación que poida impricar persecución ou
violencia nos eidos do esprito.
II. GALICIA, POBO AUTONOMO
Definición
O recoñecimento da persoalidade de Galicia
como «nacionalidade» imprica nos galegos o deber de avivar a concencia
colectiva na ideia da patria, i-o dereito de actuar a vontade do noso
pobo na libre gobernación dos peculiares intreses.
O Partido Galeguista defende pois, o recoñecimento
da persoalidade xurídica de Galicia pra a sua autodeterminación
política, sin que esto poida representar un quebrantamento da
solidaridade que nos avencella natural e libremente co Estado Hespañol,
dentro do réxime repubricán, garantía das nosas libertades e da
democracia da nosa política.
TÁCTICA
As iniciativas políticas dos Grupos
axeitaranse ao principio de que pra nós a política como a mesma
autonomía é somentes un medio pra devoltar a sua persoalidade ao noso
pobo, e que os galeguistas practicamos a actividade política pra a
galeguidade e no grado en que a galeguidade a esixa en cada caso.
A laboura dos Grupos terá n-este aspecto
duas ourentacións principaes:
1.° Debe considerarse ao Partido como minoría directora da política de
galeguización, cuia forza estribará sempre non no número dos
afiliados senón na sua compenetración e na sua discipriña, na outura
dos seus valores e na fe galega dos sus pioners. Pol-o contrario do que
soen facer as clientelas políticas, os Grupos do Partido non encamiñarán ou seu proselitismo de afiliación na masa de xentes non
formadas no galeguismo, ou de deformada conciencia política, senón
especialmente nos medios políticamente virxes, na mocedade sobre todo,
i-entre aqueles mozos que veñan a nós máis limpos de cobizas e máis
preparados pra seren dirixentes da nova política.
2.° Percuraráse nas masas populares unha adhesión a idea galeguista e
un sentimento de simpatía cara o Partido que faga froitosas as nosas
propagandas, pero debe coidarse que as xentes distingan nidiamentes as
diferencias que arrendan as nosas orgaizacións das clientelas
políticas, para que ninguen veña a nós en percura de protección, de
sona ou de medro, sinón disposto a todo sacrificio. Pra o galeguista
non existe o degorio do poder e a realización do ideal e obra de
xeneracións, que non outorga o trunfo fácil.
ACTIVIDADES
No aspecto político os Grupos desenrolarán o seguinte cadro de
actividades.
a) Política en xeral:
Defensa das institucións de democracia política, especialmente da
forma de Goberno repubricán, como garantía da atinguir a libertade do
noso pobo.
Rexo antigubernamentalismo frente ao poder central i-as corporacións
galegas que perpetuen nas suas tendencias e nos seus procedimentos o
centralismo.
Loita contra toda politiquería persoalista do
feitío antergo, e contra
todo renovo caciquil. Sustitución da «política vella» pol-a «política de
idial».
Galicia idea forza da nosa renovación.
b) Política galega:
Espallamento do principio da libertade de Galicia pra a sua
autodetermiñación política. Exaltación da concencia galega.
Propaganda do ideario galeguista en tódol-os eidos do pobo.
Traballo cotián en pro de unha próxima
autonomía, dentro do marco
constitucional hespañol, e considerada sempre como procedimento pra
enfortecer a concencia galega, pra educar ao noso pobo na práctica das libertadas e pra afincar
as características da galeguidade.
Imprantación de un novo estilo democrático e técnico na gobernación
galega: suscitando no pobo a apetencia de novas formulas, estimulando a
formación de valores políticos, conquerindo pra eles a adhesión
popular.
c) Política local:
Estudio dos probremas locaes en función das necesidades xeneraes da
nosa Terra, ollando sempre, por sobre os egoismos particularistas, os
intreses galegos e a acción conxunta do noso país.
Defensa da prena autonomía municipal e da persoalidade xurídica da
parroquia, formación do esprito comunal na aldeia, preparación das
novas xentes pra a sua actuación nas institucións de democracia
directa.
Loita contra o ambente curialesco e caciquil das vilas. Soerguemento do
nivel espritoal da política aldeán. Defensa da vida rural frente a
urbaización escesiva e contra as imposicións centralizantes dos
núcleos urbáns.
III. GALICIA, COMUNIDADE COOPERATIVA
Definición
Superando as discrepancias de posición política e as diferencias de
caste, por riba dos intereses locaes e dos matices ideolóxicos, Galicia
é «unha irmandade na patria» que precisa de tódolos seus compoñentes pra atinguire a sua prenitude de
«sintesis
vital», pero que necesita tamén de unha fonda transformación
económica, que dea base estable ao seu rexurdimento espiritual.
O Partido Galeguista estima que o cooperativismo, en tódal-as suas
manifestacións, é eixo de coincidencia práctica entre as máis
alonxadas concepcións sociolóxicas e coida que ao traballar
afervoadementes por él, estreita os nos do pobo galego cara unha
meirande solidaridade e prepara a nosa Terra pra se incorporare, no seu
día, as novas correntes da economía universal.
TÁCTICA
Os grupos galeguistas coidarán de exercer en todo momento unha acción
social en col do melloramento da vida labrega e mariñeira e da
capacitación do traballador galego pra a sua conscente intervención
na gobernación dos intreses galegos e pra a sua redención económica.
A laboura social dos Grupos virá axeitada as
seguintes condiciones:
1.° Será indirecta. E decir, non
realizada por medio de afiliación ou adhesión ao Partido de entidades
sociaes, económicas ou culturaes, fundamentalmente apolíticas, senón
pol-a acción do Partido e dos Grupos, por medio dos afiliados, actuando
n-esas orgaizacións. Porque o Partido, que predica o apoliticismo de
esas entidades non pode aferrollalas a sua dirección. E porque a
acción que elas poidan realizar en ben da terra, será máis froitosa en canto
obren independentemente e tanto máis exemprar canto menos precisen do noso estímulo.
2.° Será galega. A conducta dos afiliados na axuda o na ourentazón
social de calquer entidade irá sempre dirixida cara a galeguización do
medio en que actue, logrando que n-el frotifiquen aquelas iniciativas
que, pol-a sua índole e pol-as circunstancias non caian dentro das
lindes de acción dos Grupos. Pra ele compre manter sempre as nosas
doctriñas con enerxia rexamente constructiva, conciliando a forza da
convicción cas normas elementaes da convivencia política.
ACTIVIDADES
a) Técnicas.
Estudo directo da situación social i-económica no lugar onde radique o
Grupo. Estadística, Proiectos, Informacións sobre problemas locaes de
traballo. Investigación do réxime tradicioal e dos seus elementos
colectivistas.
Colaboración nas actividades técnicas dos centros de investigación,
experimentación i-ensino agrícola, gandeiro e forestal.
Ensiño e difusión de novos procedimentos de cultivo e de calquer outra
iniciativa de mellora. Difusión dos métodos das institucións
denantes mencioadas e creación, en torno d-elas, de un ambente popular
que vitalice a sua ourentación.
b) Cooperativismo.
Difusión das iniciativas sociaes que avencellen a
nosa xente labrega e mariñeira, dotándoa de un senso cooperativo, que, superando os
lindeiros da parroquia e do gremio, amprie a solidaridade da Galicia
que traballa.
Creación de cooperativas e sindicatos, apolíticos, independentes de
todo perturbador control alleo, federados en orgaísmos superiores
galegos de traballo.
Compre contrarrestar o confusionismo que quere tratar ao pequeno
propietario aldeán como un obreiro da ciudá, ou ao mariñeiro, como un
asalariado de fábrica. O probrema galego ten carácteres específicos e
ten de se resolver «galegamente» sin fórmulas importadas que
poidan destrui-la nosa economía.
E preciso dotar as nosas xentes de un
vivo esprito comunal que destruíndo os vezos no noso actual
individualismo recollendo os ensiños da nosa tradición gremial e
colectivista, respetando a propiedade labrega estímulo de traballo e
apego ao chán nativo renoven a nosa economía rural pra dotar a nosa
Terra de unha estabilidade social basada na xusticia e no traballo.
IV. GALICIA, CELULA DE UNIVERSALIDADE
Definición
O recoñecimento da persoalidade de Galicia e a
arela de anovar a sua autóctona cultura, a defensa da autodetermiñación política do noso
pobo, a laboura pol-a potencialización da sua economía, serían
angueiras estériles i-egoístas, senón fosen inspiradas pol-o degoiro
de armonizar na cultura universal o rexurdimento da nosa cultura, de
integrar na comunidade dos pobos a liberdade do noso pobo, de coordinar
ca solidaridade da economía mundial e o melloramento da nosa economía,
en suma, de que Galicia existindo, «vivindo a sua vida», se
capacite pra ser un novo órgao da humanidade.
O Partido Galeguista pretende póis que Galicia, cumprindo os seus
destiños históricos, encha o imperativo que representa a sua
vinculación a unha superior unidade humán, que intente asegurar,
guindando cas fronteiras, a paz dos pobos e o benestar dos homes.
TÁCTICA
Os Grupos galeguistas considerarán póis imprescindible realizar, a par
da laboura geleguizadora, unha outa función de universalidade,
difundindo fora de Galicia a nosa cultura, introducindo en Galicia os
avances da cultura ecuménica, dotando as nosas masas populares de fondo
senso de irmandade universal, de colaboración cos alleos, de sinceiro
pacifismo, rechazando toda loita que destruía a unidade humán ou
desvalorice a misión do home sobre a terra.
A laboura dos grupos e dos séus afiliados en col da posición de
Galicia no concerto dos pobos pódese encamiñar pol-a seguinte
suxerencia:
1.° Importa que cada galeguista cuide, sin abandonar a sua formación
galega, de coñecer d'abondo a roita política dos outros pobos, os
derradeiros avances da economía ou da cencia, no que se refire a sua
especialidade. Que teña de confesarse sempre que as portas de Galicia
cara o mundo están abertas gracias a nós.
2.° Do mesmo xeito é necesario que os alleos
teñan de Galicia o coñecimento exacto, xuzgándoa como unha nacionalidade que esperta e que
recobra, co seu ser, o vello esprendor cultural. Os extranxeiros que
estuden as nosas realidades,
os alleos que convivan con nós, deberán sacar do noso trato esta
ideia de que Galicia ten fondas posibilidades de renovación.
ACTIVIDADES
No aspecto universalista os grupos desenrolarán as seguintes
actividades:
a) Anti-imperialismo.
A loita co imperialismo «españolista» da vella
monarquía, ou
contra «social-patrioterismo» que agora xurde non poden
inspirarse na xenreira contra ningún dos pobos que con Galicia conviveu
no Estado Hespañol, senón contra á ideia de xunguilos pol-a forza,
baixo una artificiosa uniformidade.
Esténdase a referida loita, contra tódol-os grandes imperialismos do
mundo actual; calesquera que sexa o estado que os exerza o seu nome ou o
seu alcume.
O imperialismo morrerá pol-a vinculación autónoma dos pobos
n-unha
unidade superior que coordine intreses dispares n-unha orgaización
super-estatal. Nas propagandas dirixase a ourentación
internacionalista cara a efectividade de este universalismo, non por
alonxado n-este intres, menos cobizado.
b) Rexurdimento das minorías nacionaes.
Promóvase o estudo dos movimentos de rexurdimento nacional nas
minorías
irredentas. Alsacia, India i-en aquelas que, conqueridal-as suas
libertades lograron pol-o esforzo patriótico un posto de avanzada na
hestoria dos nosas tempos: Checoeslovaquia, Finlandia, Polonia.
Foméntese a coñecencia garimosa de cada un dos pobos peninsuares, o
teimoso seguimento dos seus avances, a axuda dos intreses de loita pol-o
recobramento do propio ser, esteos do lexítimo hispanismo. Estimúlense
as relacións directas con Cataluña e Vasconia, irmáns nosas no
rexurdir.
Procúrese vincular garimosamentes a laboria da renascencia galega aos
grupos étnicos non galegos, con residencia en Galicia. Que vexan no
movimento galeguista non un ataque aos seus lexítimos orgulos, senón a
garantía de unha mútua comprensión.
c) Pangaleguismo.
Galicia nos está soia no mundo. Existe un área de irmandade
internacional con Galicia que nós, lonxe de todo sono imperialista,
temos de cultivar como algo noso. Galicia ten unha solidaridade étnica
que a xungue as terras célticas, sempre en loita pol-o seu propio ser
(Irlanda, Bretaña, Gales) e ten unha proiección lingüística en
Portugal, en Brasil, nos pobos de infruxo luxitano. Os grupos laborarán
pol-o mútuo coñecimento, pol-a solidaridade espiritual de estes pobos
no ceibe desenrolo dos seus destiños.
A Galicia histórica e natural non está comprendida nos lindeiros da
Galicia administrativa dos nosos días. O Bierzo, Sanabria, as terras do
Minho portugués son galegas. Compre manter a sua galeguidade
estimulando un cordial intercambio.
Galicia e tamén un pobo espallado pol-o mundo. E preciso que os enormes
núcreos de galegos emigrados sintan na sua concencia da galeguidade e
labouren con nós. Compre facer que se sintan cada vegada máis ligados
a Patria e que impoñan, onde queira que se atopen os seus dereitos de
minoría étnica e a forza do seu valer e da sua galeguidade.
|